Taboleiro de Anuncios

Últimos Anuncios Publicados

» Convocatoria selección persoal laboral temporal por concurso (SAD)

Fecha publicación: 26/11/2015   |   Fecha límite de exposición: 03/12/2015

» Modificación do anexo de investimentos do orzamento e suplemento de crédito SC1/2015

» Edicto de Organización do Concello de Coles

Publicación das seguintes resolucións:

– Nomeamento de Tenentes Alcaldes
– Nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local
– Delegación de Competencias da Alcaldía na Xunta de Goberno Local (Acordos)
– Nomeamento de Tesoureiro

 

» PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS

Lembramos a obriga da limpeza de maleza en fincas (nun radio de 30 metros dende calquera edificación) e certas árbores (radio de 50 metros).

Antes do 30 de xuño de cada ano.

Imposición de sancións pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

» Cobranza en voluntaria do I.B.I. e B.I.C.ES

Aberto o prazo para a cobranza en voluntaria dos impostos do I.B.I. e B.I.C.ES (02/05/2014 a 30/06/2014)

» Taxa reguladora das licenzas, actividades e verificacións urbanísticas

Aprobada polo pleno, en sesión do 14/03/2014 a imposición e ordenación da TAXA REGULADORA DAS LICENZAS, ACTIVIDADES E VERIFICACIÓNS URBANÍSTICAS e exposta ao público durante trinta días sen que se presentasen reclamacións, publícanse os artigos modificados, de conformidade co previsto no artigo 17.4 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladoras das facendas locais.

» COBRANZA EN VOLUNTARIA IVTM E LIXO

» Solicitude de Prazas de Xuiz de Paz titular e substituto

Tendo en conta o disposto no artigo 101 da Lei 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e disposicións concordantes, ábrese o prazo para presentar no rexistro do Concello solicitude para as prazas de xuíz de paz titular e substituto.
Prazo de presentación de solicitudes:
15 días despois da publicación do presente edicto no B.O.P.
Documentación:
instancia segundo modelo que obra no concello de Coles e curriculo do solicitante.
Méritos que pode alegar:
experiencia, residencia habitual, dispoñibilidade para o cargo.

» Exposición Pública da Conta Xeral 2013

Formulada e rendida a CONTA XERAL correspondente ao exercicio de 2013 e informada pola comisión especial de contas, exponse ao público, cos documentos que a xustifican, na secretaría desta entidade polo espacio de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edicto no boletín oficial da provincia, ao obxecto de que os interesados lexítimos poidan examinala e formular por escrito os reparos e observacións que se estimen pertinentes, durante dito prazo de exposición e os oito seguintes días, de conformidade co disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril e o 212.3 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Nos mesmos prazos, pode examinarse e formular alegacións ou reclamacións contra o expediente de rectificación de contraídos incorporado ao da conta xeral citada.

» Aprobación das Taxas pola prestación de servizo público de Axuda a Domicilio no Concello de Coles

Aprobada polo pleno, en sesión de 29-11-2013, a ordenanza da “TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZO PÚBLICO DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE COLES” e exposta ao público sen que se presentasen reclamacións, fica definitivamente aprobada e publícanse os artigos modificados, de conformidade co previsto no artigo 17.4 do RDL 2/2004 de 5 de marzo.
Contra o acordo aprobatorio, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do TSXG, no prazo de dous meses contados a partires da presente publicación, tal e como sinala o artigo 19 do RDL 2/2004 de 5 de marzo.

» Aprobación Deinitiva do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Coles

Logo de remata-lo período de exposición ao público do acordo inicial de aprobación do REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE COLES, sen que se presentase ningún tipo de reclamación, enténdese definitivamente adoptado o acordo de data do 29 de novembro de 2013, procedéndose á publicación do texto íntegro do citado regulamento, en cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
Contra o acordo aprobatorio, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do TSXG, no prazo de dous meses contados a partires da presente publicación.