Saúdo do Alcalde

alcaldeTeño o pracer de encabezar, como Alcalde esta renovada web do Concello de Coles. Unha paxina que nace con clara vocación de servizo o visitante e sobre todo os veciñ@s. Con que pretendemos abrir un novo canle de comunicación, información e participación, así como todos aqueles que queiran facernos chegar a as súas achegas e suxestións.

Pretendemos que sexa unha ferramenta útil para quen queira coñecer a actualidade municipal, acceder a información institucional o servizos dispoñible na nosa localidade e por suposto esperamos a vosas achegas, que serán escoitas e tidas en conta.

Esta paxina pretende se a primeira tarxeta de visita para todos aqueles que queiran coñecernos e como tal, dará a coñecer os noso pobos, a nosa historia, o amplo patrimonio histórico, arqueolóxico e o inigualable entorno natural que nos rodea , as nosas costumes e tradicións.

Agradezo a tod@s de antemán a acollida a esta iniciativa, que lonxe de entorpecer a comunicación persoal e o contacto directo entre nos, ten de ser unha ferramenta máis de relación promovida polo concello, que pretende aproveitar o  potencial das novas tecnoloxías como canle de participación entre tod@s.

Recibide un cordial e afectuoso saúdo do voso Alcalde. Manuel Rodríguez Vazquez.