Protección Civil » Información e Contacto

AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE
PROTECCIÓN CIVIL DO CONCELLO DE COLES

PRAZA VILARCHAO S/N. CP 32152 COLES – OURENSE
Tel/Fax 988 206 300

Ampliar Foto...

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Coles ven actuando dende o ano 1995. Comezou a funcionar con 15 Voluntarios e na actualidade conta con 240, que prestan servizos as 24 horas do día. O ámbito territorial de actuación é moi amplo, e non se limita ao Concello de Coles, actúa tamén en conceilos limítrofes, en díversos servizos e emerxencias.

As intervencións realizadas polos Voluntarios o longo do ano 2011 situan a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Coles, a segunda mellor de Galicia, non só en número de intervencións, senón na calidade formativa dos nosos Voluntarios, rapidez e eficacia na resposta aos servizos de emerxencia 112 SOS Galicia.

PREVISIÓNDE ACTIVIDADES PARA O ANO 2012

  • Plan NEGA (Nevadas de Galicia)
  • Plan SECA (Sequía de Galicia)
  • Plan PAP (Atención ó Peregrino, en anos xacobeos)
  • Intervención en incendios urbanos e forestais.
  • Intervención na limpeza e retirada de obxetos das estradas, especialmente en caso de accidente, utilizando os materiais e medios que se requiran (camión motobomba, desengrasantes, dispersan tes, etc).
  • Intervención en situacións derivadas de fenómenos naturais.
  • Colaboración con autoridades competentes en aglomeracións de persoas en lugares e momentos deternrinados, en temas de seguridade vial.
  • Colaboración con concellos limítrotes, na búsqueda de persoas desaparecidas.
  • Colaboración coa garda civil.
  • Colaboración ca punto de atención contirrmuada (PAC).
  • Colaboración cos servizos sociais do Concello e da Mancomunidade.
  • Colaboración no reparto de alimentos as persoas mais desfavorecidas.
  • Simulacros. Intervencións en actos deportivos: vixiancia, control sanitarios, temos desde campeonato de motos, piragüas, rally, esqui acuático, partidos
  • Andainas
  • Acompañamento aos Peregrinos na Ruta da Prata