Medio Ambiente

Información e Contacto

Concelleira: Josefa Alonso Teijeiro
Oficinas: Casa do concello – Tlf. 988 205 134
Horario: de 8.30 a 14.30

Recollida de Lixo

O servizo de recollida de lixo esta concesionado a través da Deputación de Ourense.

Para calqueira incidencia relacionada con este servizo pode empregar o servizo de contacto desta área.

Ademáis dos servizos habituais de recollida o concello conta con outros servizos:

  • Recollida de Aceite Vexetal
    en 3 puntos do concello: Vilarchao, Gustei e Os Cruceiros.
  • Servizos Porta a Porta
    recollida de enseres voluminosos. Teléfono de solicitudes 988 206 916
  • Punto Limpo da Mancomunidade de Santa Águeda
    Corneda (pasando o campo de Fútbol de A Peroxa)
    Horario: Luns a Sábado de 9.30h a 13.15h    Teléfono: 988 206 916

Alumeado Público

Nos últimos anos o concello de Coles esta levando a cabo  actuacións destinadas a mellorar o alumeado público tanto da cidade coma do resto do territorio municipal. O aspecto máis visible destas actuacións son os cambios no equipamento destinado a este fin, claramente palpable nalgúns casos.

Como complemento, o Concello encargou unha auditoría sobre o servizo, para coñecer o estado e as posibilidades de mellora na iluminación exterior, e dicir, na iluminación urbana e rural.

Por norma xeral nos propoñemos arranxar as deficiencias do alumeado nun prazo máximo de 3 días.

Auga e Saneamenteo

O servizo de Auga e Saneamento está concesionado a través da empresa Aquagest.

Enderezo e Horarios de Oficina
Calle Vilarchao s/n
Edif. Biblioteca Pública
32152 Coles
Atención ao cliente: xoves despois de cada facturación de 9:00 – 13:00 hr.

Atención Telefónica e Contacto
Teléfono de atención ao cliente: 988 250 088
Teléfono de averías: 988 250 088 / 616 364 582
Fax: 988 374 888