Benestar Social » Información e Contacto

Concelleira: Susana Rodríguez Rodríguez
Técnica: Ana Rosa Núñez Rodríguez
Oficinas: Casa do concello – Tlf. 988 205 134
Horario: de 8.30 a 14.30

Segundo a natureza das consultas a realizar, é necesaria a petición de cita previa.

imagen...

Os Servizos Sociais Municipais son o instrumento máis eficaz para garantir a atención das necesidades sociais de toda a poboación da cidade e previr a desigualdade dos cidadáns e das cidadás. A través deles favorecemos a participación e o libre desenvolvemento das persoas, dos grupos da sociedade e o fomento do desenvolvemento comunitario.

Segundo definición do artigo 2 da Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia, enténdese por servizos sociais o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos expresados en dita lei.

Equipo de traballo

O Equipo de traballo dos servizos comunitarios básicos do Concello de Coles está integrado por:

  • Unha  traballadora social
  • Unha  educadora de familia
  • Unha auxiliar administrativo
  • 5 Auxiliares de axuda a domicilio

Programas Básicos

  • Información, orientación e asesoramento.

Responde á necesidade de información co fin de acceder e utilizar os recursos sociais e previr as desigualdades. Diríxese a individuos, grupos e institucións ofrecendo asesoramento especializado sobre os dereitos que puidesen corresponderlles e os recursos sociais existentes así como tamén a súa canalización, cando sexa necesario, a outros servizos ou recursos.

  • Programa de axuda no fogar
  • Programa de inserción social
  • Programa de animación, prevención e cooperación social
  • Programa de convivencia alternativa.